ENTROIDO 2018 NO IES DE BECERREÁ

Fieis á cita, o alumnado de 4º da ESO organizou os actos de celebración do Entroido (concurso de disfraces, quiema do espantallo e concurso de doces), nos que participamos tod@s os/as demais de moi boa gana.

Aquí deixamos o vídeo para que vexades como foi todo, e quixeramos salientar, polo seu significado especial, a parte na que Fran (4º da ESO) fai referencia ao espantallo deste ano e ao significado especial da súa queima nesta ocasión.

E esta é unha selección de FOTOS para quen queira velas e/ou descargalas.