ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO

Igual que sucedera o curso anterior e convidada polo Departamento de Lingua Galega, Elena Gallego Abad visitounos para ter un encontro co alumnado de 1º da ESO que participa no "Proxecto Dragal" (o noso é o único centro da provincia de Lugo que o fai). Deste xeito, tod@s puideron coñecer de primeira man a orixe do libro, o que hai detrás do que nos transmite e outros segredos ben gardados.

Durante as semanas previas todo o alumnado deste curso estivo confeccionando os elaborados decorados que se instalaron no corredor principal do centro, para ambientar o acto e dar un aire medieval e avenetureiro ao acontecemento. Para esta tarefa foron coordinados pola súa profesora de debuxo e do excelente resultado deste traballo, así como da converencia da autora, gardamos probas na galería de fotos. Igualmente, para presentar o noso centro ao resto dos participantes, o profesor coordinador do proxecto e o alumnado elaboraron un vídeo que podes ver aquí.

A próxima cita será no Pico Sacro, onde Elena Gallego se reunirá con todo o alumando participante no proxecto e vivir as aventuras máis sorprendentes.

ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO