PUNTOS DE LECTURA

Durante o presente curso 08/09 comezaron a funcionar os dous puntos de lectura situados nas entradas de cada un dos edificios de instituto, como espazos permanentemente abertos á lectura e dispoñibles para calquera membro da comunidade escolar. Neles recóllense títulos que non se atopan nos fondos específicos da biblioteca escolar, co obxectivo de que os alumnos/as poidan acceder ao máis amplo abano de lectura posible. Por esta razón, tamén podedes atopar unha boa selección de cómics, e todo axeitado en gusto e temática ás idades do alumnado. En particular, para cada punto de lectura seleccionáronse títulos acorde coa idade dos alumnos que se distribúen en cada edificio. Igualmente, o alumnado pode consultar neles a prensa diaria á que estamos subscritos.
Para dispoñer dun libro durante uns días, <u>débense rexistrar o préstamo e a devolución na biblioteca</u>. Non obstante, todos podemos ir revisando e lendo libros e cómics durante os tempos de lecer, xa que estes puntos de lectura están pensados como puntos de encontro entre persoas e de estas cos libros.
É importante que non esquezades facernos as suxestións oportunas para ampliar os fondos e o abano de títulos dos puntos de lectura.
Como anécdota: todo o mobiliario que conforma os dous puntos de lectura, foi deseñado e elaborado por un ex-alumno do noso insti.