E TI QUE PREFIRES: O LIBRO OU A PELI?

Esta é a cuestión a resolver entre aqueles que leron unha novela e viron no cine a súa versión cinematográfica. E isto é o que fixeron algúns alumnos/as do instituto coa obra "O NENO DO PIXAMA RAIAS": primeiro leron a novela como tarefa da materia de Lingua Castelá e posteriormente, acompañados polas profesoras da materia (Paloma e Aurora), acudiron ao cine para ver a película. Como están en situación de poder comparar, só tes que picar aquí para coñecer as opinións dalgúns deles. En concreto, recóllense as dos alumnos/as de 3º da ESO (P.D.C.) e das alumnas de Literaturas Hispánicas de 2º de BAC.

Por certo, se aínda non liches o libro, estas opinións e comentarios animarante a facelo. Non te arrepentirás!