Ligazóns

Presentámosvos algunhas ligazóns que poden ser do voso interese (particular ou académico), todas

elas relacionados co mundo das linguas, da lectura, da fantasía, da nosa cultura popular...

 

BANDA DESEÑADA

- www.culturagalega.org/bd/

Dentro da páxina www.culturagalega.org atoparás este soportal sobre banda deseñada galega, con información sobre títulos, autores, sala de lectura, novas edicións, ...

- www.pixton.com

Non importa que sexas mal debuxante, aquí podes contar unha historia creando as túas propias viñetas. Podes modificar ao teu antollo os elementos (personaxes, paisaxes, globos de texto...) que por defecto che propón a páxina, e listo para publicar o teu propio cómic!

- www.cortomaltese.com

Páxina oficial de quen é, sen dúbida, un dos máis famosos personaxes do cómic na súa historia: CORTO MALTÉS. Información moi completa sobre o universo deste personaxe e as súas aventuras. Dispoñible en varios idiomas. E non esquezas que podes atopar algúns dos seus cómics no instituto.

 

BIBLIOTECAS VIRTUAIS E ANIMACIÓN Á LECTURA

- bvg.udc.es

Biblioteca virtual galega. Un sitio onde poderás atopar un moi amplo catálogo de obras en galego, estando algunha delas (ou fragmentos das mesmas) dispoñibles en distintos formatos (texto, audio, vídeo), ademais dunha videoteca, información sobre novidades, ...

- www.bivir.com

Biblioteca virtual da Asociación de Tradutores Galegos. Nela están dispoñibles, listas para descargar, obras da literatura universal traducidas ao galego.

- www.filix.org

Cun amplísimo catálogo de libros infantís e xunvenís galegos con sinopse argumental e datos de edición. Inclúe desde os clásicos ata as últimas novidades, abarcando desde a etapa de prelectores ata a de xoves adultos.

- www.cervantesvirtual.com

A gran biblioteca virtual da literatura en lingua castelá, con sección de literatura infantil e xuvenil. Acceso libre aos máis de 28.000 rexistros bibliográficos en diferentes modalidades (texto, imaxe, vídeo, ...). Tamén enlaza con outras bibliotecas virtuais noutros idiomas (galego, catalán, inglés, francés...).

- http://biblioblogs.googlepages.com

Aquí podes atopar os blogs das bibliotecas escolares galegas e visitalos.

- www.rbgalicia.org

As bibliotecas de galicia en rede, onde podes atopar moi ampla información ao respecto, mesmo recursos electrónicos en liña que che poden ser útiles, ligazóns con bibliotecas electrónicas, ...

- www.sol-e.com

Servizo de orientación de lectura, cos títulos catalagados por idades, onde tamén se pode atopar información para as familias sobre cuestións de lectura infantil e xuvenil.

CULTURA POPULAR

- www.galiciaencantada.com

Enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia. Lendas, contos, mitos, seres e lugares máxicos, encantos, meigas, ánimas e espíritos.

- www.xogospopulares.com

Sitio imprescindible para coñecer o patrimonio lúdico galego elaborado ao longo da nosa historia cultural.

DICIONARIOS E FERRAMENTAS LINGÜÍSTICAS

-
www.edu.xunta.es/diccionarios

Desde o sitio da Consellaría de Educación, podes acceder ao dicionario da Real Academia Galega.

- www.rae.es

Para consultar o dicionario de castelán da Real Academia Española.

- http://sli.uvigo.es/CLIG/clig.html

Dicionario de inglés-galego da Universidade de Vigo

- www.askoxford.com

Aquí podes consultar todas as dúbidas que te asalten cando traballes co inglés.

- www.wikilengua.org

Para consultar dúbidas prácticas en castelán, e cuestións sobre gramática, léxico, vocabulario...

- http://sli.uvigo.es/tradutor

Tradutor de español-galego e galego-español, con posibilidade de traducir ficheiros e sitios web.

- http://oesi.cervantes.es/traduccionAutomatica.html

Tradutor do Instituto Cervantes, para traducir español-galego e galego-español, ademais de traducir do español a outros idiomas.

- http://sli.uvigo.es/corrector

Corrector ortográfico de galego.

ENCICLOPEDIAS

- http://www.egu.es 

A Enciclopedia Galega Universal en Internet, ao igual que na súa versión impresa, é a primeira de carácter universal escrita integramente en galego. Editada por Ir Indo Edicións, incorpora vídeos, animacións e audios. Conta con 200.000 entradas permanentemente actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías, material didáctico para profesores e alumnos, ademais de variados xogos e concursos.

- http://gl.wikipedia.org

Esta é a Galipedia, é dicir, a versión en galego da Wikipedia, enciclopedia colaborativa na que calquera pode contribuír para engadir novo material. Non ten os mesmos contidos que outras versións noutros idiomas.

- http//es.wikipedia.org

A versión en castelán da Wikipedia.