Actividades de Normalización

EXCURSIÓN ILLAS CÍES

O 23 de xuño o alumnado do centro visitou as Illas Cíes acompañado polos profesores Toño, Susana e Miro.

GRAVACIÓN NA ESTRADA

O grupo A Gallofa formado por alumnos do IES e do CEIP Amor Ruibal gravou a canción "Reciclar é xenial" no estudio EDISCO da Estrada como premio por gañar o concurso Sondoumia deste ano. A actividade foi organizada polos profesores Miro e Claudia.

 

 

 

ORIENTACIÓN COTORREDONDO 3ºESO

O alumnado de 3º de ESO desenvolveu unha actividade de orientación deportiva no lago de Castiñeiras o xoves 25 de maio:

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

O 19 de maio celebramos no IES o Día das Letras Galegas:

 

FESTIVAL DA COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN (5 de maio)

Varios alumnos e alumnas do noso centro e do CEIP AMOR RUIBAL participaron no Festival organizado pola Coordinadorea de Equipos de Normalización. Interpretaron un tema sobre a reciclaxe composto polos propios alumnnos  e alumnas coa axuda do profesor Miro. Ademais quedaron de primeiros na súa categoría:

 

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

O Departamento de Normalización organizou un concurso de curtametraxes aproveitando o último día lectivo do trimestre (7 de abril). A temática das curtas era o orgullo do galego

EXCURSIÓN A SANTIAGO E RIANXO DE 2º E 3º DE ESO

O xoves 16 de febreiro o alumnado de 2º e 3º asistiu a un concerto didáctico en Santiago. Tamén fixeron unha visita á catedral. Pola tarde acercáronse a Rianxo. O profesor de música Miro encargouse da organización da actividade:

 

CONFERENCIA SOBRE LUMES FORESTAIS

O Departamanto de Normalización Lingüística ven desenvolvendo estes últimos anos, coincidindo co inicio do Nadal, unhas charlas sobre diferentes temas de actualidade. Este ano a temática tratada foi o lume forestal e o coloquio realizouse o 20 de decembro:

 

FESTA DA LINGUA 2012

O martes 21 pola tarde celebramos no noso insti a festa da lingua. Houbo un cheo absoluto no "teatro" do IES para ver as proxeccións de vídeos e escoitar os poemas. O maior éxito da tarde foi o concurso de karaoke, no que puidemos gozar coas interpretacións dos grandes clásicos do pop galego por parte dos alumnos e alumnas do centro.

Moito público e o "manager" ao fondo  

Tivemos a mellor presentadora

Os técnicos de imaxe e son

Interpretación dunha balada 

XVIII CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÌSTICA

CONCURSO DE ADHESIVOS 2011-12

A Coordinadora de Equipos de Normalización lingüística do Salnes, otorgoulle o segundo premio a nosa alumna:

ANA CANCELA RODRÍGUEZ co lema "Eu a crise dúrmoa. Os galegos podemos"

Os mellores traballos serán expostos nos 15 centros participantes a través dunha mostra que percorrera os institutos no que resta de curso.

Presentáronse uns 300 traballos, e realizouse a edición dos adhesivos gañadores nas tres categorías existentes.

Obradoiro de xabrón ecolóxico

 

O luns 9 de xaneiro de2012, a profesora Marisa realizou, coa axuda dos alumnos de 2º un taller para fabricar xabrón ecolóxico a partires do aceite usado das frituras.

 

 

O rematar a actividade os/as chicos/as levaron as pastillas do xabrón que fabricaron.

(Temos máis fotos na nosa galería e as explicacións do "adxunto") 

RECEITA GAÑADORA no concurso de sobremesas

O premio de Sobremesas deste ano foi para MARTÍN MOSTEIRO coa seguinte receita:

250g de chocolate negro; 250g de chocolate con leite; 250g de chocolate branco; 600ml de nata; 600ml de leite; 3 sobres de leite callada e noces raiadas.

Para a base: Un paquete de galletas maría e un pouco de manteiga.

Preparación: Para a base esmáganse as galletas coa manteiga, cubrimos un molde desmontable e metemolo ao forno uns minutos.

Mesturamos 200ml de leite, 1 sobre de leite callada e o chocolate negro, cocemos 7 minutos e vertémolo sobre a base.

A continuación facemos o mesmo co chocolate con leite e vertemos encima do negro. Despois faise o mesmo co chocolate branco.

Deixamos enfriar ata o día seguinte e decoramos a gusto con noces pintadas de chocolate.

FESTA do MAGOSTO

O mércores día 23 de novembro celebramos a festa do magosto con xogos populares de todo tipo, tamén fixemos o concurso de sobremesas.

VIDEOCONFERENCIA DE ANXO CARRACEDO

VENRES 4 DE NOVEMBRO

No Laboratorio, a partires das 12:20 horas, para os cursos de 3º e 4º da ESO

Videoconferencia de Anxo Carrcedo Profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Grupo Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador recoñecido da Medicina Forense e Xenética Forense e de Poblacións 

Distribuir contido