Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Moving On Theatre

O pasado xoves o alumnado de 4º de ESO pasouno xenial participando na xornada de teatro con Moving On Theatre. Grazas polo bo rato, por toda a aprendizaxe e grazas sempre ao alumnado que participou cun sorriso e moito bo humor!

Bolsas Eurolingua para Irlanda

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

Xornadas de teatro grecolatino

O pasado dia 1 de marzo o alumnado 3º ESO PDC e o alumnado de Latín e Literatura Universal de bacharelato asistiron ás xornadas de teatro grecolatino celebradas en Ourense. Aquí tedes reseña e imaxes do evento

Repensar o amor

3º CONCURSO DE ENSAIO FILOSÓFICO

BASES DO CONCURSO

Presentación xornadas orientación pais e nais alumnado 4º ESO

Presentación da  reunión sobre orientación académica coas familias do alumnado de 4º ESO

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro de 2023 celebramos no centro o festival de entroido. Un ano máis, xunto coas familias do alumnado que nos puideron acompañar, tivemos un momento de disfraces, risas, baile e música. Esquecendo o traballo por un momento, adicámonos á boa convivencia e á diversión. Aquí tedes algunhas imaxes destes momentos.

EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN NO IES DO BARRAL

O matemático e divulgador científico Eduardo Sáenz de Cabezón fixo unha visita ao IES do Barral o pasado 14 de febreiro para impartir unha charla ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Eduardo Saenz de Cabezón é coñecido por ser o conductor dende 2019 do programa "Órbita Laika", que se emite na 2 de TVE, pero a súa traxectoria é ben máis ampla. Doctor en Matemáticas e profesor da Universidade da Rioxa, é membro fundador do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia. Colaborador de programas de radio e televisión, ten escrito varios libros de divulgación matemática como "Inteligencia matemática", "Apocalipsis matemático" ou "Gardner para aficionados: Juegos de matemática recreativa", asi como "El árbol de Emmy", unha biografía da matemática Emmy Noether.

       

Erika Jâmece no IES do Barral

A artista angoleña Erika Jâmece visitou o IES do Barral o pasado 24 de novembro de 2022

Aqui tedes a reseña da visita

Distribuir contido