Curso 2013-2014

Vídeo da viaxe a Londres e París.

 

Xa está colgado en Youtube o vídeo da viaxe a Londres e París.

A actividade foi organizada polo departamento de francés para o alumnado da materia en 4º de ESO e 1º de bacharelato. Realizouse entre os días 19 e 25 de marzo.

Premios extraordinarios de bacharelato curso 2012/13

O alumnado de 2º de bacharelato poderá aceder a os premios extraordinarios de bacharelato, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que teñan unha media de 8'75 sen contar a materia de relixión.

 

Máis información premendo aquí

Admisión de alumnado para o curso 2013/14

Xa están expostas, nos taboleiros do Centro, as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2013/14.

 

Cómpre dicir, que tódalas solicitudes presentadas foron admitidas.

II SALÓN FORMATIVO EDUGAL

Os días 12, 13 e 14 de abril, celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra O II SALÓN FORMATIVO EDUGAL.
Expositores de diferentes institucións académicas entre as que se atopan as universidades de Santiago e Vigo, a Universidade Pontificia de Salamanca, a Escola Universitaria de Turismo de Asturias e a escola de Pilotos Adventia, entre outros centros.
Distribuir contido