Curso 2014-2015

Visita ao Marco

O Martes 16 de decembro oa alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Marco de Vigo, para visitar as exposicións de Artfutura e Score.

Visita ao Parlamento de Galicia e ao Valedor do Pobo

O día 15 de decembro os alumnos de 1º Bacharelato do centro visitarán o Parlamento de Galicia e ao Valedor do Pobo, nunha actividade organizada polo Departamento de Filosofía.

Viaxe a Polonia dentro do Programa Comenius Poetry slam and songs

 A semana do 16 ao 23 de novembro,  alumnos do IES Auga da Laxe participantes no Programa Comenius Poetry slam and songs sairán cara Świebodzice (Polonia), para participar nun dos intercambios programados nesta actividade.

Actividade de Orientación no Galiñeiro

    O venres 9 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º ESO participarán nunha actividade de orientación organizada polo departamento de Educación Física no Monte Galiñeiro.

Visita a San Campio de Lonxe (Tomiño)

  O próximo 27 de novembro o alumnado de 1º ESO fará unha visita ao templo de San Campio, co fin de realizar unha tarefa da materia de Relixión.

25 Aniversario

     Entre as actividades programadas para celebrar o 25 aniversario do centro, o venres 14 de novembro os alumnos de Bacharelato asistirán a unha charla con Aniceto Nuñez ( Conselleiro de Educación no momento da inauguración do centro) e Ramón Sestelo (alcalde de Gondomar nese momento).

Distribuir contido