Curso 2014-2015

25 ANIVERSARIO

Doazón de órganos


 

O vindeiro mércores 11 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato asisitirán a unha charla cos representantes da Asociación de Donantes y Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), que explicarán a importancia da doazón de órganos e a súa incidencia na nosa comarca, nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 


 

Reciclaxe de residuos


 

 

 

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre a reciclaxe de residuos para o alumnado de 2º ESO, que terá lugar no centro, o mércores 4 de febreiro.

 

 

 


 

Visita ao Museo de Historia Natural

 O alumnado de 2º ESO terán a posibilidade de visitar o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela o día 16 de xaneiro, nunha saída organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Patinaxe sobre xeo

O xoves 18 de decembro o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato terá a oportunidade de patinar sobre xeo nunha actividade organizada polo departamento de educación física

Programa de actividades para o venres 19 de decembro

Horario

Actividades

9:30-9:40 h

Entrega de notas polos titores na aula de titoría

9:40 h

Semifinais e finais dos torneos de fútbol sala, xadrez e tenis de mesa

10:30 h

Actuacións musicais:

    - 1º Bacharelato        - 3º ESO         - Emperador Nutria- Sección canto

11:15 h

Cifras e letras

12:30 h

Entrega de premios

13:00 h

Saída dos autobuses

Distribuir contido