Curso 2014-2015

Taller de habilidades sociais

 

O departamento de orientación do centro organizou un obradoiro de habilidades sociais para o alumnado de 3º ESO. Realizarase en varias xornadas, comezando o martes 21 de abril e rematando o vindeiro 5 de maio.


 

 

Obradoiro sobre os nosos ríos

Co fin de coñecer mellor os nosos ríos, o alumnado de 1º ESO do centro realizará unha serie de obradoiros sobre o sistema fluvial dos ríos Miñor e Zamáns o vindeiro martes 28 de abril

XLIII Premios Literarios Minerva

  O pasado mes de marzo coñecéronse os gañadores dos XLIII Premios Literarios Minerva. A alumna do noso centro Antía Iglesias Fernández, de 2º Bacharelato, conseguiu o segundo premio e medalla de prata conmemorativa na modalidade de narración co seu relato "Con pólvora pero sen magnolias".

 A propia Antía facilitou este autorretrato, confirmando as súas grandes habilidades nos diversos campos artísticos.

 

Parabéns, Antía.

Viaxe a Salamanca

O departamento de relixión do centro organizou unha visita cultural á cidade de Salamanca para os alumnos de 3º ESO matriculados en relixión, que terá lugar os días 8 e 9 de abril. Visitarán a Catedral, o Convento de Santa Clara e o Museo do Automóbil.

Intercambio con Francia

Alumnos do noso centro viaxarán á Normandía francesa ao longo da semana do 23 ao 28 de marzo, na primeira etapa do intercambio que mantén o IES Auga da Laxe cun dos centros educativos de Vire.

 

Viaxe a Alemaña

Un grupo de alumnos de 2º ESO participantes no programa Comenius Poetry slam and songs viaxarána Alemaña a semana do 23 ao 28 de marzo para visitar aos nosos compañeiros xermánicos.

Distribuir contido