Curso 2014-2015
Información de última hora sobre as PAU
Enviado por admin o Mar, 09/06/2015 - 10:17Autobuses PAU: Transporte ó CUVI (Facultade Filoloxia e Tradución)
Día 10:
Saída do Centro ás 08:15h, facemos alguna parada por Vincios.
Volta ó Centro ás 19:45h.
Visita ao Mosteiro de Poio
Enviado por admin o Dom, 24/05/2015 - 18:06O departamento de Relixión católica do centro organizou unha visita ao Mosteiro de Poio para o alumnado matriculado na materia no curso de 1º de ESO. Esta saída terá lugar o vindeiro luns 25 de maio.
Mesa redonda
Enviado por admin o Lun, 18/05/2015 - 10:29O departamento de Filosofía organizou unha mesa redonda co gallo das eleccións municipais, á que foron invitadas todas as formacións políticas que se presentan na nosa localidade. Terá lugar o mércores 20 ás 17 horas no IES Auga da Laxe.
No seguinte enlace podes ler a nova completa no Faro de Vigo.
Visita á cidade de Ourense
Enviado por admin o Mér, 06/05/2015 - 15:48Os alumnos de relixión de 2º de ESO terán a oportunidade de visitar a cidade de Ourense nunha actividade preparada polo Departamento de Relixión do centro o vindeiro luns 11 de maio.
Visita a Viza Automoción
Enviado por admin o Mér, 06/05/2015 - 15:39O Departamento de Economía do centro organizou unha visita ás instalacións da empresa Viza Automoción (O Porriño) para coñecer o funcionamento dunha empresa próxima ao noso concello. Participará o alumnado de economía de 1º de Bacharelato e de Obradoiro de iniciativas Emprededoras de 3º ESO. Terá lugar o vindeiro luns 11 de maio. APRAZADA AO 18 DE MAIO
Arpexios de ciencia
Enviado por admin o Lun, 27/04/2015 - 10:39O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha saída para os alumnos de 4º ESO para visitar a exposición Arpexios de Ciencia. Realizarase o vindeiro venres 8 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
