Curso 2012-2013

ENTROIDO NEGHRO. 2013

O venres 8 de febrero temos programadas actividades durante toda a mañán. Este anos iremos de negro (calquera persoaxe: enterradores, curas, viuvos e viuvas, ... levaremos o cadaleito do ENSINO PÚBLICO.

Haberá actuación sorpresa do profesorado, e remataremos ás 14.30 co xantar de entroido en "Javi´s Bar"

 

Viaxe a Salamanca

Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro, o alumnado de Relixión de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato, realizarán unha visita a Salamanca.

21 de marzo. Día da poesía.

 

Acto organizado polo ENDL para o día 21 ás 20,30 h. destinado a toda a comunidade educativa, arredor da temática dos peixes e o mar. Recitarán os alumnos/as e actuarán membros do grupo Berrogüeto.

CE. Mércores día 30 de xaneiro

O día 30 de xaneiro (mércores) está convocado un Consello Escolar que se celebrará na sala do profesorado ás 20 h. O tema máis importante da orde do día é a aprobación das contas do 2012.

Intercambios con Dinamarca e Alemaña

Neste curso 2012/13 comezamos dous intercambios, con Dinamarca (15 alumnos/as) e con Alemaña (27 alumnos/as).

Os daneses xa estiveron no noso instituto dende o 30 de setembro ao 6 de outubro e agora irán os nosos alumnos/as a Dinamarca na primeira semana de marzo.

O alumnado de Alemaña estará con nós dende o 11 ao 18 de maio, mentres o noso alumnado irá a Nagold a finais de xuño.

Proxecto Comenius no noso Centro.

Presentación do cartel da actividade.

Distribuir contido