Curso 2012-2013

RALLY MATEMÁTICO

 

O próximo luns 18 de marzo celébrarase unha nova edición do Rally Matemático.

Este ano participarán tres grupos de 1º ESO A e un de 3º ESO B.

Sorte a todos e todas e a disfrutar coas "mates".

 

CANGURO MATEMÁTICO

 

XX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO-2013 

A proba realizarase o XOVES 21 DE MARZO DE 2013( fai clic en leer máis)

CHARLA SOBRE USO SEGURO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

 

O mércores 6 de marzo, ás 19:00, impártese a charla, a través do programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, para formar ás familias e ao profesorado sobre o uso seguro das tecnoloxías da información entre os máis pequenos.

Marea negra. Venres negros

Preparando a Marcha POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do día 16 de marzo na Ramallosa. Para ver videos (abaixo a dereita clik en ler máis).

Videos da Marea Negra do Ensino no Val Miñor:

XORNADA DE ORIENTACIÓN PREUNIVERSITARIA

A Universidade de Vigo, no marco do seu programa de actividades dirixidas a Centros de Ensino Secundario e de Formación Profesional, organiza esta Xornada co fin de mostrar a oferta académica da universidade e facer fincapé nas cuestións que resultan de maior interese para os futuros universitarios.

Probas de acceso a ciclos

CONVÓCANSE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Tedes toda a información en www.edu.xunta.es/fp

Achégase nota informativa.

Distribuir contido