Curso 2012-2013

SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO

O 14 de maio 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participarán nos obradoiros da Semana Matemática de Vigo acompañados por profesoras do departamento de Matemáticas.

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

A charla sobre acoso escolar dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO terá lugar  no  Salón de Actos o día 6 de maio as 17:00h.

Organiza o departamento de Orientación.

VISITA A OURENSE

O alumnado de relixión de 1º e 2º de ESO realizarán uhna viaxe cultural a Ourense organizada polo departamento de Relixión.

Visitarán a Catedral, as Burgas e tomarán un baño nas Pozas.

O PERIODISMO DE HOXE É FIÁBEL?

Falará:

RITA ALONSO

PERIODISTA

MÉRCORES 24 DE ABRIL ÁS 17:00H

NO SALÓN DE ACTOS DO IES AUGA DA LAXE

ENTREGA DE PREMIOS HAIKUS

O día 26 de abril alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistirán á entrega de premios do 4º Concurso de Haikus do Val Miñor que terá lugar no Auditorio de Baiona.

Haberá unha actuación a cargo de María Lado e Lucía Aldao.

QUÉ É O PARLAMENTO DE GALICIA

Charla-coloquio dirixida ao alumnado de Bacharelato, organizada polo Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex parlamentarias e Ex parlamaentarios do Parlamento de Galicia, para dar a coñecer esta institución.

Celebrarase o 19 de abril ás 12:30 no Salón de actos. Participa todo o alumnado de 1º Bach A,B e C. Organiza o Departamento de Filosofía.

Distribuir contido