Curso 2012-2013

Banco de libros. Recollida de libros setembro 2013.

 DIAS DE RECOLLIDA DOS LIBROS PRESTADOS

 * DIA 5, XOVES: 1º,2º E 3º DA ESO.    En horario de tarde de 6 a 8 h.           

 * DIA 6,VENRES: 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO.    En horario de tarde de 6 a 8 h. 

Calendario de setembro 2013

Banco de Libros. Datas de recollida de libros.

As familias que recibiron libros do Banco de Libros do IES Auga da Laxe xa poden pasar a devolvelos nas seguintes datas:

DKV FRESH ART

Varios alumnos de 2º bach. estánse a presentar ao concurso "5ª convocatoria de Arte Joven DKV Fresh Art".

Visita as súas obras elixindo as distintas categorías  ¡Fresh Art!
Desexámoslles sorte a Juan, Noemi, Enrique e Alejandro.

CALENDARIO DE PENDENTES

 

Entre os días 30 de abril e 4 de xuño, realizaranse os exames de materias pendentes de cursos anteriores. É fundamental que o alumnado supere estas materias xa que computan coas do curso actual a efectos de promoción de curso e de titulación.

Achéganse no documento adxunto as datas.

SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO

O 14 de maio 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participarán nos obradoiros da Semana Matemática de Vigo acompañados por profesoras do departamento de Matemáticas.

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

A charla sobre acoso escolar dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO terá lugar  no  Salón de Actos o día 6 de maio as 17:00h.

Organiza o departamento de Orientación.

VISITA A OURENSE

O alumnado de relixión de 1º e 2º de ESO realizarán uhna viaxe cultural a Ourense organizada polo departamento de Relixión.

Visitarán a Catedral, as Burgas e tomarán un baño nas Pozas.

O PERIODISMO DE HOXE É FIÁBEL?

Falará:

RITA ALONSO

PERIODISTA

MÉRCORES 24 DE ABRIL ÁS 17:00H

NO SALÓN DE ACTOS DO IES AUGA DA LAXE

ENTREGA DE PREMIOS HAIKUS

O día 26 de abril alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistirán á entrega de premios do 4º Concurso de Haikus do Val Miñor que terá lugar no Auditorio de Baiona.

Haberá unha actuación a cargo de María Lado e Lucía Aldao.

Distribuir contido