4º Curso

Saúde e Terra, irmá(n)s!

O alumnado de 4ºESO visita este martes 25 de outubro a cidade de Ourense nunha saída didáctica organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración da ANPA As Gaiandas. De mañá o alumnado visitará a exposición "", que conmemora o centenario do nacemento das Irmandades da Fala (1916-2016), e alí terán que buscar as respostas a unha ficha de preguntas preparada polas súas profesoras, Araceli González e Concha Costas. Ademais, organizados en grupos, os alumnos e alumnas realizarán un percorrido literario pola cidade a través dun xogo de pistas que os achegará a espazos de referencia de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Lamas Carvajal, Blanco Amor, Carlos Casares... Logo de xantar en Ourense, o grupo desprazarase ata Trasalba, onde farán unha visita guiada á Casa Museo de Otero Pedrayo. Con esta saída vanse ampliar e reforzar moitos dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura neste primeiro trimestre.

Distribuir contido