Educación Física

Break Dance

O mércores 3 de abril teremos no patio interior do instituto unha exhibición e batalla de Break Dance coa participación de Vladimir Stuzhinskiy, mellor B-Boy do Festival Marisquiño 2018.

Palabra de bruxa

A voltas con “Palabra de bruxa” de Andrea Barreira... O mesmo que a protagonista, o alumnado de 3º ESO recolleu bruxerías sandables das súas devanceiras, remedios caseiros a base de plantas que medran pola nosa terra.  

Demostración do Iberconsa Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas


Hoxe, no recreo, no patio interior unha representación do Iberconsa Amfiv Vigo fixo unha abraiante demostración de baloncesto en cadeira de rodas. Estiveron connosco Franco Alessandrini (Arxentina), Salvador Zavala (México), Louis Hardouin (Francia) e Przemek Bonio (Polonia) e mais Nacho, o seu coordinador. 

Demostración de baloncesto en cadeira de rodas

Este mércores, 21 de novembro, durante o recreo, de 12:00 a 12:30, no patio interior haberá unha demostración de baloncesto en cadeira de rodas por parte do Iberconsa Amfiv de Vigo. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.

Pirámide alimenticia e hábitos de vida saudable

O alumnado da materia Promoción de Hábitos de Vida Saudables de 2ºESO estivo desenvolvendo nas clases un traballo sobre a nova pirámide alimenticia: estudaron cales son os alimentos máis necesarios e as cantidades que deben consumirse para conseguir unha dieta sa e equilibrada, así como outros aspectos que contribúen a mellorar os nosos hábitos de vida: o equilibrio emocional, o consumo de auga, o exercicio físico, etc.

Tiro con arco


Hoxe tiramos frechas a esgalla. Anxo Iglesias e Daniel Sánchez do departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar con Marco, o seu monitor, organizaron unha xornada de tiro con arco para os estudantes de ESO e o alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca).

Distribuir contido