Curso 2017-2018
Procedemento, calendario e documentación para a matrícula extraordinaria do curso 2017/18
Enviado por admin o Ven, 07/28/2017 - 10:28MATRÍCULA EXTRAORDINARIA CURSO 2017-2018
Procedemento, calendario e documentación.
Hai dous procedementos para formalizar a matrícula:
1. Descargar, cubrir e imprimir todos os impresos do noso sitio web (en breve colocaranse aqui os impresos), cubrilos e entregalos na secretaría do Instituto.
2. Recoller na conserxería do Instituto a documentación, cubrir os impresos e entregalos na secretaría do Instituto.
Seguro escolar:
O alumnado, agás o de 1º e 2º de ESO, no momento de formalizar a matrícula, deberá ter pagado o seguro escolar.
• Pagar en ABANCA ou facer unha transferencia bancaria de 1.12 € e traer o xustificante.
Nº de conta do Instituto para facer o pago: ES37 2080 5035 0430 4000 8371
(Poñer como concepto: Seguro escolar + nome alumno)
Calendario de matrícula extraordinaria 2017
O alumnado que teña algunha materia pendente para setembro fará a matrícula no período extraordinario, os días 7, 8 e 11 de setembro de 9:30 a 14 horas.
NOTAS:
• Só se formalizarán as matrículas coa documentación completa.
• A documentación para facer a matrícula, para os que non a descarguen da nosa web, recóllese na secretaría, de 9:30 a 14 horas.
DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA
1º ESO
1.- Impreso de Matrícula
2.- 2 Fotografías co nome por detrás
3.- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
4.- Fotocopia do DNI (Se ten)
5.- Certificación académica das/os alumnas/os que veñan doutro Centro (agás as/os alumnas/os do CEIP Chano Piñeiro)
2º ESO
1.- Impreso de Matrícula
2.- 2 Fotografías co nome por detrás
3.- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
4.- Fotocopia do DNI
5.- Certificación académica das/os alumnas/os que veñan doutro Centro
3º ESO
1.- Impreso de Matrícula
2.- Impreso de solicitude de NUSS
3.- 2 Fotografías co nome por detrás
4.- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
5.- 2 Fotocopias do DNI
6.- Se o/a alumno/a repite curso NUSS
7.- Ingreso de 1,12 € en Abanca na conta ES37 2080 5035 0430 4000 8371
8.- Certificación académica das/os alumnas/os que veñan doutro Centro
4º ESO
1.- Impreso de Matrícula
2.- 2 Fotografías co nome por detrás
3.- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
5.- Fotocopia do NUSS
6.- 1 Fotocopia do DNI
7.- Ingreso de 1,12 € en Abanca na conta ES37 2080 5035 0430 4000 8371
8.- Certificación académica das/os alumnas/os que veñan doutro Centro
1º ou 2º BACHARELATO
1.- Impreso de Matrícula
2.- 2 fotografías co nome por detrás
3.- 1 fotocopia da Tarxeta Sanitaria
4.- Fotocopia do NUSS
5.- 1 fotocopia do DNI
6.- Ingreso de 1,12 € en Abanca na conta ES37 2080 5035 0430 4000 8371
7.- Certificación académica dos/as alumnos/as que veñan doutro centro (agás as/os alumnas/os do IES Terra de Turonio
ABAU
Enviado por admin o Ven, 07/14/2017 - 13:19
Xa temos as estatísticas da ABAU do curso 2016/17. Nos arquivos adxuntos, podedes consultalas.
Calendario exames de setembro
Enviado por admin o Mar, 07/11/2017 - 10:59
No arquivo que se achega tedes o calendario de exames de setembro
Axudas concedidas e excluídas do fondo solidario
Enviado por admin o Ven, 07/07/2017 - 11:09Relación provisional de alumnado que lle foi concedida a axuda do fondo de libros ou/e de material escolar e dos que foron excluídos.
Os cheques das axudas para adquirir material escolar serán entregados a partir do día 15 de setembro.
As axudas quedan supeditadas á devolución dos libros prestados no curso 2016/17 e á matrícula do curso 2017/18.
Libros de texto para o curso 2017-2018
Enviado por admin o Mar, 07/04/2017 - 23:46No ficheiro que se xunta podedes consultar os libros de texto para o curso 2017/18.
Adxudicación cafetería
Enviado por admin o Lun, 07/03/2017 - 14:00
Na contratación do servizo de xestión da cafetaría do IES Auga da Laxe, para o curso 2017-2018, resultou como adxudicatario Javier Carneiro Pereira. Adxúntase resolución.
Fondo solidario de libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Lun, 05/22/2017 - 16:39Ven de publicarse no DOG do día 22 de maio de 2017, a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
O prazo remata o día 23 de xuño.
No arquivo adxunto está a solicitude do Fondo solidario
RELACIÓN DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O CURSO 2017/18
Enviado por admin o Mér, 04/19/2017 - 16:38No arquivo adxunto está a relación de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/18
