Teléfono 886 110 209 Fax 886 110 217
ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Roteiro ciclista e surf en Patos
Enviado por admin o Mar, 23/10/2018 - 09:42Onte o noso alumnado do intercambio con Dinamarca participou nun roteiro en bicicleta desde Gondomar ata a praia de Patos, onde asistiron a unha clase de surf, actividade que contou coa colaboración do departamento de Educación Física. Hoxe pola mañá asistirán a varias clases no instituto e participarán nunha sesión práctica de tiro con arco que se organiza no noso centro. Pola tarde, visitarán a cidade de Vigo.
Tiro con arco
Enviado por admin o Ven, 19/10/2018 - 19:24
O martes 23 teremos no instituto unha xornada de tiro con arco organizada polo departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar. Está destinada ao alumnado de ESO e ao alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca).
Alumnado de 4ºESO visita o centro de negocios do Porto do Molle
Enviado por admin o Ven, 19/10/2018 - 19:21O próximo 23 de outubro os alumnos e alumnas das materias de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO van visitar o centro de negocios do Porto do Molle (Nigrán), onde poderán entrar en contacto co labor da aceleradora de empresas de Via Galicia, que dá apoio e asesoramento a emprendedores e empresas na súa fase inicial a través dun espazo coas instalacións necesarias e un servizo de asesoramento empresarial: elaboración de plans de negocio, xestión empresarial, formación,
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
