Divírtete coas matemáticas!

O próximo martes 5 de febreiro, durante o recreo, terá lugar no patio interior do instituto unha nova sesión das actividades de dinamización que organiza o departamento de Matemáticas. Nesta ocasión convidan a toda a comunidade educativa a achegarse ás matemáticas manipulando distintos materiais: tangrams, pentominós, hexamantes, espellos, cubo soma... Esperamos que a proposta resulte enriquecedora e que vos animedes a participar.