Libros para a igualdade

Libros para a igualdade é unha iniciativa da biblioteca do noso centro e mais do EDLG. Do 12 de decembro ao 25 de xaneiro expoñemos no patio central do instituto dúas ducias de libros de temática relacionada coa muller e o feminismo, que forman parte da maleta da igualdade, un préstamo do Centro de Formación do Profesorado de Vigo. Son obras diversas de varios xéneros: narrativa, poesía, ensaio, teatro e cómic. Ofrécese servizo de préstamo a toda a comunidade escolar, tamén para o Nadal.