Tiro con arco


Hoxe tiramos frechas a esgalla. Anxo Iglesias e Daniel Sánchez do departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar con Marco, o seu monitor, organizaron unha xornada de tiro con arco para os estudantes de ESO e o alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca). E tamén para o profesorado, coa profesora Marián Suárez Gestal, campiona galega, mostrando como se fan ben as cousas e botando unha man.
Hai máis imaxes e tamén vídeos da actividade na nosa páxina en Facebook: 
https://www.facebook.com/augadalaxe/