Coñece como traballa un director de hotel
O Centro Superior de Hostalaría de Galicia convídavos a visitar un hotel para que coñezades como traballa o director, profesional que se forma na escola. O sábado, 23 de xuño, Miguel Tilve ensinaravos o AC Vigo Palacio Universal. Falará da súa traxectoria laboral, explicará en que consiste o seu traballo e fará unha visita polas instalacións. Se algún alumno ou alumna de Bacharelato ou de 4º ESO quere participar, pode chamar ao 981 54 25 19 ou enviar un correo electrónico a info@cshg.es indicando o nome e apelidos dos participantes e un teléfono de contacto (pode participar un candidato acompañado dun familiar). É imprescindible inscribirse porque hai prazas limitadas.
Ademais, se queredes coñecer as instalacións do CSHG, podedes facer unha visita especial o sábado 16 de xuño. Serán xornadas onde os interesados vivirán un día de clases de dirección hoteleira ou xestión en cociña.
Web do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (www.cshg.es)