Sesión formativa sobre educación emocional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada A educación a debate que consta de varias sesións sobre distintos temas. O próximo mércores, 23 de maio, en horario de 18:00 a 20:00, no salón do CFR de Vigo (Camiño do Chouzo, nº 2 , 36208, Vigo ) terá lugar unha charla sobre Educación emocional a cargo de Raquel Pedrouso Carreira.