Procedemento para a reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

Comunícase que está dispoñible no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018.
 
Nos casos de presentación de reclamacións ante a comisión de supervisión, debido á brevidade dos prazos, lémbrase a instrución terceira da citada circular:
 
COMUNICACIÓN Á COMISIÓN DE SUPERVISIÓN
O apartado b) da instrución terceira indica que a dirección do centro comunicará á comisión de supervisión a relación de alumnado que presentou reclamación ante dita comisión, con indicación da materia ou materias obxecto de reclamación.
Dita comunicación, dirixida á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo), farase mediante correo electrónico a
 inspeccion.educativa.sc@xunta.gal e con copia a scpie@edu.xunta.es , indicando o seu carácter urxente antes do seguinte prazo:
 
Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 28 de maio de 2018.
Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 7 de setembro de 2018.
 
ENVÍO DO EXPEDIENTE

O apartado d) indica que é preciso que a dirección do centro garanta o procedemento oportuno para que os expedientes de reclamación orixinais sexan recibidos pola comisión de supervisión, no seguinte enderezo e cos seguintes prazos:
 
Presidente/a da Comisión de supervisión de reclamacións de 2º de Bacharelato.
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
(Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo)
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ed. Administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela
Convocatoria ordinaria: recepción antes das 14 horas do día 30 de maio de 2018
Convocatoria extraordinaria: recepción antes das 14 horas do día 10 de setembro de 2018.