VI Campus de Verán XuvenCiencia no Campus Lugo de la USC


O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 6 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.

O prazo de preinscrición ábrese na nosa web desde o vindeiro venres 27 de abril ás 15:30 h ata o 6 de maio. O ano pasado esgotáronse as prazas xa na primeira hora!

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos. 

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. O Campus con aloxamento inclúe todo o anterior máis actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en residencias en Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo. 

Na nosa páxina web (www.usc.es/xuvenciencia/campus) pódedes ver toda a información acerca das actividades do Campus. E tamén estamos no twitter, instagram etc. co hashtag #xuvenciencia2018.