Curso 2017-18. Plan de traballo para o alumnado coas Matemáticas pendentes

Para o alumnado da ESO repártese a materia en dúas partes para examinarse por parciais de cada unha delas. As probas realizaranse no segundo e terceiro trimestre. Se desta forma non se supera a materia, haberá unha proba final no mes de maio.

O alumnado de bacharelato terá a opción de aprobar a materia pendente nun exame final. Terá dúas oportunidades, unha a finais de xaneiro ou principios de febreiro e a outra na convocatoria oficial a finais de abril. Se aproba a materia na primeira e non cambia de centro nin se da de baixa, xa non terá que presentarse á convocatoria oficial.

De non ter acadado o aprobado en xuño, aínda se pode superar a materia pendente na convocatria extraordinaria de setembro.

AdxuntoTamaño
Pendentes-actividades-recuperación.pdf102.75 KB