Xornada Educación a debate
Enviado por admin o Ven, 04/06/2018 - 20:41
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria invita ás familias a asistir a unha formación titulada Educación a debate, que consta de varias sesións sobre distintos temas. O próximo xoves, 12 de abril, en horario de 18:00 a 20:00, no IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88, 36202, Vigo ) terá lugar unha mesa redonda sobre "Relacións familia-escola".