Toponimia Nimia

 

  Buscamos nomes de lugares de Galicia curiosos, peculiares, que, independentemente da súa etimoloxía real, nos remitan ou lembren a unha palabra común de uso corrente, aínda que sexa unha simple homonimia. Por exemplo: Muxía, Cans, Boimorto, Cariño, Melón, Feces, Pancenteo, Coles,… A eses nomes de lugar queremos asociar unha imaxe que debemos tirar da obra de artistas galegos.

 

Con todos eles, topónimos e imaxe asociada, imos encher o mapa de Galicia colocado no primeiro andar do noso centro.

 

Para participar:

 

  1. Busca un topónimo ou microtopónimo da nosa terra que remita a unha palabra ou frase de uso común.

  2. Busca unha imaxe que lle poidas asociar na enciclopedia de artistas galegos que está exposta no patio central. Tamén podes utilizar outra fonte calquera de información.

  3. Remite o nome de lugar, co concello e provincia, a imaxe escollida no nome do autor ou autora e os teus datos a toponimia@augadalaxe.com

 

DATOS A ENVIAR:

 

  • En ASUNTO: nome e apelidos, curso e grupo [Xaime Pérez Lago 3º C]

  • Escribides de novo o voso nome , apelidos, curso.

  • Topónimo , concello ao que pertence e provincia.

  • Achegades a imaxe co nome do autor ou autora. A montaxe será elaborada polo equipo organizador da actividade.

 

En caso de que haxa topónimos repetidos, escolleremos a imaxe que consideremos máis axeitada.

 

Exemplos de topónimos nomeados máis arriba:

                                    

 

 

 

Son fragmentos de debuxos de Castelao:

                                                   

 

 

 

Entre todos os participantes sortearemos vales de zumes de laranxa na cafetaría do instituto.

 

Esta é unha actividade organizada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz e o EDLG.