O IES Auga da Laxe vai participar no terceiro encontro do Proxecto Comenius "Little steps for a healthier world" en Palermo (Italia) a semana do 13 ó 18 de outubro.

 

No pasado curso 2012/2013 comezamos un proxecto Comenius de dous anos con outros centros de Turquía, Polonia e Italia. Xa tivemos os dous primeiros encontros. O primeiro en Polonia dende o 26 de novembro ata o día 1 de decembro e o segundo foi aquí, en Gondomar, a semana do 8 ó 12 de abril (programa).

O seguinte parada é en Palermo (Italia) dende o 13 ó 18 de outubro de 2013. Asistirán profesores e alumnos de ESO do noso Centro que, xunto cos nosos socios de Polonia e Turquía, participaremos nas actividades que nos teñen preparadas os compañeiros de Italia. 

Incluímos tamén o ficheiro "Cartel Comenius" que se utilizou para dar a coñecer o proxecto a comunidade educativa do centro.