Actividades Comenius "Little steps for a healthier world"

Programación da semana do 8 ao 12 de abril:

 Día 8 de abril

9,30.Acto de benvida no salón de actos.

10. Entrega de documentación das actividades programadas e visita polo centro a cargo de Pablo e Noelia, acompañados por dúas alumnas de 2º bach. que farán unhas fotos.

11. Ensaio dos alumnos de Italia, Polonia, e Turquía con un grupo de 1º Bach., para tocar dúas cancións na festa de despedida.

12,15.Recepción no Concello de Gondomar

12,45.Visitar o Mercadillo de Sabarís, con unha actividade de busca para o alumnado.

14. Comida (bocata e froita) no entorno de Sabarís, a cargo do programa Comenius.

15. Visita guiada a Marisma seguindo a documentación feita para este programa.

16,15 Volta ao instituto.

Participarán nestas actividades só o alumnado que está recibindo alumnos/as na súa casa: Anxela Romero González. 1º A ESO / Antía Da Rocha Rodríguez. 2º A ESO.

Alejandro Estévez Álvarez. 2º B ESO / Martín Pintos Barreiro. 3º B ESO

 Patricia Vilas Méndez. 3º B ESO.

Profesor@s : Alberto Cifuentes, Marga Cachaza, Justin, Manuel Lado.

Día 9 de abril

 

9,30 - 20. Visita guiada a Santiago con documentación e actividades ( tradución simultánea de Justin, auxiliar de conversa). Comida pola súa conta.Irán tódolos alumnos/as que participan no proxecto.

Profesor@s : Luis Guitián, Justin, Marina Vicente.

 

Día 10 de abril

9,30. Saída ata Baiona. Visita de unha hora.

11  Saída para as Illas Cíes. Visita guiada con documentación e tradución simultánea de Teté e Justin.

Compartimos esta saída con alumnos daneses que fan un intercambio con Baiona. Alumnos de Auga da laxe (os mesmos que o día 8).

19,30 Volta ao instituto dende Baiona

Profesor@s :  Manuel Lado, Justin, Luis Guitián.

 

Día 11 de abril

9,30 – 15. Visita os petróglifos de Auga da Laxe, a unha fábrica de reciclaxe de plásticos en Porriño, e a Tui. Documentación preparada para a visita.

Irán tódolos alumnos/as que participan no proxecto.

Profesor@s : Alberto Cifuentes, Marga Miramontes, Justin, Mar Platero.

 

Día 12 de abril

9,30-15 Actividades no Instituto. Instalación de plantas na parede do ximnasio. Ensaio de cancións para a festa de despedida. Actividade “Misión imposible” por Gondomar a cargo de Carolina Platero. O profesorado coordinador do Comenius terá unha reunión ás 11 cos profesores/as socios no proxecto, para  seleccionar as mellores ideas aportadas polos diferentes países acerca da actividade “What can we do for a healthier world”, facer o seguimento do proxecto e conclusións da semana de actividades no noso Instituto.

20,30 Pequena festa de despedida. Actuación musical. As familias traerán viandas, e o instituto poñerá as bebidas.