ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

Toda a información sobre a admisión do alumnado para o próximo curso 2023/2024: principais novidades, prazas vacantes, lexislación aplicable, calendario,

documentación, formularios.

 

PRINCIPAIS NOVIDADES

.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, na aplicación informática admisiónalumnado

.- As solicitudes deberán estar asinadas polos dous proxenitores

 

PRAZAS VACANTES

Número de prazas vacantes para o curso 2023/2024

CURSO

PRAZAS

1º ESO

23

2º ESO

  3

3º ESO

13

4º ESO

21

1º Bach. Ciencias

  8

1º Bach. Humanidades e CC. SS

10

2º Bach. Ciencias

13

2º Bach. Humanidades e CC. SS

14

 

LEXISLACIÓN

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato

 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

CALENDARIO

 .- Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo

.- Prazo de presentación da documentación no suposto de baremación: 10 días hábiles contados a partir do día 20 de marzo

.- Prazo de publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: o 25 de abril

.- Prazo de publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: o 15 de maio

.- Prazo para formalizar a matrícula: do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

WEB ADMISIÓN

Admisión alumnado

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Formulario solicitude de admisión

Fotocopia DNI da/o alumna/o se o ten

Certificado de matrícula do curso actual

Calquera outra documentación xustificativa da situación familiar (separación, divorcio, falecemento, etc)