Inicio do curso 2022-23: horario de presentacións e comezo das clases

8 de setembro
 
ESO
 
9:30h-11:10h. Acollida e presentación dos grupos da ESO coas súas titoras.
A partir das 11:10h, os grupos da ESO terán clase normal ata as 15:00h.
 
Bacharelato
 
12:30h. Acollida e presentación dos grupos de Bacharelato coas súas titoras.
Logo da presentación, o alumnado de Bacharelato poderá marchar. As clases de Bacharelato comezan con horario normal o venres 9.
 
O transporte escolar funcionará xa cos horarios habituais desde o día 8.
 
Reunións de comezo de curso coas familias do alumnado
 
Xoves 8 de setembro
 
18:00h. Reunión informativa para as familias do alumnado de 1ºESO. 
19:00h. Reunión informativa para as familias do alumnado de 1ºBach.
 
As reunións informativas para as familias dos demais cursos celebraranse na seguinte semana. Enviarase nota informativa coas datas e horarios.