Educación reabre mañá luns, día 11, o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

- As familias interesadas que non tiveran formalizado os trámites, suspendidos pola declaración do estado de alarma, dispoñen de prazo ata o día 18 de maio para facelo

- Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

- Os trámites poden realizarse preferentemente por vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31015