017, número de teléfono de consultas do INCIBE

O INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) pón a disposición de todos (familias, alumnado e profesorado) un número de teléfono, o 017, gratuito e confidencial para dúbidas e consultas en materia de ciberseguridade, así como problemas asociados ao uso das novas tecnoloxías: riscos protección de dispositivos, control parental, ciberbullying, sexting, grooming, uso excesivo da tecnoloxía, mediación parental, ferramentas dispoñíbeis para a educación, etc...