Servizo de impresora no Concello de Gondomar

 Concello de Gondomar ten un servizo en marcha de apoio aos estudantes do muncipio, un sistema para imprimir os traballos, apuntamentos ou documentos que precisen destinado ao estudantado que non teña nas súas vivendas os medios necesarios.
As persoas interesadas deberán remitir os documentos que queiran imprimir a 
alcaldia@concellodegondomar.com
indicando o seu nome e apelidos, dirección e un teléfono de contacto para que, unha vez estean impresas e preparadas se lles faga chegar ata os seus domicilios no menor prazo de tempo posible.