Entroido 2020

O venres 21 imos celebrar o entroido. Teremos clase a 1ªh e logo, tras repasar as nosas coreografías, participaremos, xunto cos demais centros de ensino, no pasarrúas pola vila. A partir das 11:45h teremos no instituto o noso concurso de disfraces, con entrega de premios e diplomas. Os autobuses sairán ás 13:05h.