Actividades do departamento de Matemáticas

O pasado 16 de maio entregáronse os premios das diferentes actividades que organizou o departamento de Matemáticas nestas últimas semanas. Por unha banda, no campionato de cálculo mental resultou gañador Javier González na categoría de 1º e 2ºESO, logo dunha final moi igualada con Lucía González, mentres que na categoría de 3º e 4ºESO o gañador foi Xián Gayoso, vencedor en todas as partidas xogadas. Por outra banda, do 7 ao 14 de maio celebrouse a Semana Matemática, na que o alumnado puido desfrutar dunha recompilación das actividades desenvolvidas ao longo do curso (tangram, cubo soma, pentominós, torres de Hanoi...). Ademais, nesa semana entregáronse tamén os premios do concurso de fotografía matemática: na categoría de 1º e 2ºESO resultou gañadora a imaxe "O refuxio dos ángulos" de Carmen González e, na categoría de 3º e 4ºESO, o gañador foi Iago Varela con "A progresión xeométrica na música". Moitos parabéns aos gañadores e gañadoras e moitas grazas a todo o alumnado participante!