Formación sobre atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2 C.P. 36208, Vigo ) os días 2, 13, 20  de maio en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 26 de abril. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.