As mans delas

“Hoy son las manos la memoria” (Salinas). O Día Internacional da Muller Traballadora ateigouse de mans, pois alumnado de todos os niveis, e coa colaboración do departamento de plástica, deseñou diferentes debuxos referidos ao 8M, ilustracións que foron expostas no Centro e, as seleccionadas, estampadas en camisetas personalizadas. Mais tamén o alumnado de Igualdade e de 3º ESO C traballou na actividade de “as mans traballadoras das mulleres na arte pictórica” cunha selección de cadros que se exhiben na entrada do instituto. Igualmente, realizouse unha selección de poemas co tema central, as mans, actividade na que participaron varios departamentos. “En las manos queda el recuerdo de lo que han tenido” (Salinas).