No Club da Igualdade, falamos de amores que matan

O luns 30 de xaneiro ás 15:30h temos a sesión mensual do Club da IgualdadeNesta ocasión falaremos de violencia machista a partir da proxección e comentario de diferentes materiais.

Premio no concurso I-Comercio

Un grupo de catro alumnos e alumnas de Economía de 4ºESO acaba de gañar un dos premios do concurso I-Comercio: idea o teu comercio, que convoca a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo achegar a xente nova ao com

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023.

Prazos de presentación de solicitudes:

O club da igualdade achégase ao proxecto Discamino

Este próximo luns 12 de decembro temos sesión do Club da Igualdade e estarán con nós persoas da asociación Discamino que nos van falar do traballo que realizan.

Proclamación de candidaturas para as eleccións ao Consello Escolar

A Xunta Electoral do IES Auga da Laxe, en reunión celebrada o 21/11/22, procedeu á proclamación de candidaturas nos distintos sectores da comunidade educativa para as eleccións ao Consello Escolar. Esta información está exposta no taboleiro de anuncios do centro. Ábrese un prazo de posibles reclamacións a estas candidaturas ata o 23 de novembro. Lebramos que as votacións terán lugar o martes 29 de novembro de 2022.

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2022

Segundo o establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario (DOG do 29/04/1988), modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9/8/1996) e en cumprimento da »

Distribuir contido