Blogues

Sesión mensual do Club da Igualdade

O vindeiro luns 25 de abril terá lugar a sesión mensual do Club da Igualdade.

Charla "O teu algoritmo"

Hoxe martes, organizada polos departamentos de Matemáticas e Tecnoloxía, unha gran parte do alumnado de 1º de Bacharelato de Matemáticas I e TIC I asistiu á charla "O teu algoritmo", a cargo de Jaime González, da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Grazas!

Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e FP

O sábado 12 de marzo publicouse no BOE a convocatoria das bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2022/2023. As bolsas MEC concédense para estudos de FP, Bacharelato e Idiomas, así como estudos universitarios de Grao.

Nova sesión, a sexta, do Club da Igualdade

A temática da charla deste mes de marzo tratará sobre a Intelixencia Artificial  e o seu papel na desigualdade de xénero. En concreto o título da sesión, que foi suxestión da propia relatora, é Investigación con nesgo de xénero.

Calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de marzo de 2022

Este é o calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de marzo de 2022
O instituto é socio protector da asociación do Val Miñor para o fomento e animanción da lectura en lingua galega.

 

 

Distribuir contido