Skip to Content

SAUDO E AGRADECEMENTO CON MOTIVO DO CONFINAMENTO

A Dirección do IES As Mariñas quere manifestar o seu aopoio aos alumnos e alumnas, ás familias e ao claustro de profesores, nestes días de confinamento, nos cales votamos en falta o contacto directo con todos vós nas aulas e no centro.

Queremos agradecer o labor que realizan todas as persoas e colectivos que colaboran con nós en distintas tarefas. Especialmente á Cruz Vermella e aos seus voluntarios, e aos Concellos de procedencia dos nosos alumnos a través dos servizo sociais.

Unha aperta a toda a comunidade educativa do IES As Mariñas
e a toda a contorna en xeral.

Saúde, coidádevos moito.



page | by Dr. Radut