Skip to Content

MEDALLA de ouro GaliciaSkills 2018 SKILL Tecnoloxía do automobil.

presentacion foto.png

 

O Noso IES As Mariñas continua pisando forte nos campionatos autonómicos e nacionais, nesta ocasión participou con dous alumnos na quinta edición de Galicia Skills 2018, unhas xornadas nas que 137 alumnos de 52 centros galegos mostraron as súas destrezas nas  diferentes ramas de Formación Profesional e onde saen os xovenes que representarán a comunidade na  competición estatal Spainskill 2019.

Dous estudantes do noso centro Brais Fernández Rocha titorado por Miguel Vilela no Skill de Tecnoloxía do automobil e Francisco Seijo titorado por Jose Manuel Pico no Skill de pintura do automobil realizaron unha brillante participación traballando durante dous días nas distintas probas prácticas que os xurados de cada Skill propoñeron.

Nesta edición o noso IES conseguiu unha medalla de ouro no Skill de Tecnoloxía do automobil, polo que Brais Fernández Rocha representara a nosa comunidade no campionato nacional Spainskills 2109 que se celebrará en Marzo do 2019.



page | by Dr. Radut