Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O VINDEIRO CURSO 2019/2019

 

 

 

MATRÍCULA 2018/2019

 

 

 

  1. Datas. Con fin dunha mellor organización e para axilizar na medida de posible a tramitación da matrícula, establécense os seguintes días para cada grupo:

     

3º e 4º ESO: martes 26 de xuño

 

2ª ESO: mércores 27 de xuño

 

1º ESO: xoves 28 de xuño

 

1º Bacharelato: luns 2 de xullo

 

2º Bacharelato: martes 3 de xullo

 

Adultos: martes 3 de xullo

 

Os alumnos con materias pendentes para setembro, matricularanse entre o día 1 e 12 dese mes.

 

 

  1. Documentación:

Alumnos do centro: 1 fotografía tamaño carné, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.  

 

Alumnos novos neste centro: 2 fotografías tamaño carné, fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte, copia de libro de familia, certificado de estudos cursados, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.

 

Os alumnos de 1º e 2º ESO non deberán aboar seguro escolar, pero deberán aportar copia da tarxeta sanitaria. Tamén están exentos do pagamento os maiores de 28 anos.

 

 

 

FONDO LIBROS, AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 

Para ter dereito a axuda, é imprescindible devolver os libros do presente curso que recibiron do fondo solidario ou ben os mercados coa axuda do vale. Por organización do centro, as datas para esta devolución serán os días 20 e 21 de xuño, aínda que o prazo remata o día 22. A recollida levarase a cabo SOAMENTE na sala de asociacións do instituto en horario de 9:00 horas a 14:00 horas. Os alumnos que teñan algunha asignatura pendente poderán quedar co libro desa materia ata o prazo máximo do 7 de setembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut