Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018

MATRÍCULA 2017/2018

 

 

  1. Datas. Con fin dunha mellor organización e para axilizar na medida de posible a tramitación da matrícula, establécense os seguintes días para cada grupo:

 

3º e 4º ESO: luns 26 de xuño

2ª ESO: martes 27 de xuño

1º ESO: mércores 28 de xuño

1º Bacharelato: luns 3 de xullo

2º Bacharelato: martes 4 de xullo

Adultos: martes 4 de xullo

 

Os alumnos con materias pendentes para setembro, matricularanse entre o día 1 e 12 dese mes.

 

  1. Documentación:

 

Alumnos do centro: 1 fotografía tamaño carné, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.

 

Alumnos novos neste centro: 2 fotografías tamaño carné, fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte, copia de libro de familia, certificado de estudos cursados, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.

 

Os alumnos de 1º e 2º ESO non deberán aboar seguro escolar, pero deberán aportar copia da tarxeta sanitaria. Tamén están exentos do pagamento os maiores de 28 anos.

 

 

FONDO LIBROS, AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 

Para ter dereito a axuda, é imprescindible devolver os libros do presente curso que recibiron do fondo solidario ou ben os mercados coa axuda do vale. As datas para esta devolución serán os días 21, 22 e 23 de xuño. Os alumnos que teñan algunha asignatura pendente poderán quedar co libro desa materia ata o prazo máximo do 7 de setembro.



page | by Dr. Radut