Skip to Content

Formación complementaria. Familias profesionais

Formación complementaria:

Ábrese o ciclo de formación complementaria para alumnado de formación profesional.

Estes cursos organízanse entre varios centros de formación profesional regulada para unha mellor inclusión nas empresas.

Os cursos máis solicitados polas empresas son os de Prevención de Riscos e Manexo seguro de Maquinaria. Polo tanto estanse a organizar os seguintes:

Prevención de Riscos Laborais (60 horas). Universidade Laboral (Culleredo).

Carretillas elevadoras, Traspaletas e Apiladoras eléctricas (8 horas).CIFP Ferrolterra (Ferrol). Días: 17, 18, 19 e 20 de Decembro.

Grúa Ponte (8 horas).CIFP Ferrolterra (Ferrol). Por determinar.

Prevención de Riscos Laborais (60 horas).). IES Urbano Lugrís(Coruña). Empieza xusto despois do Nadal.

Nun futuro vaise organizar:

Plataformas Elevadoras (8 horas).

Traballos en Altura (8 horas).

Grúa Hidráulica Articulada (8 horas).

Estes cursos relacionados directamente ca aplicación práctica do currículo de moitos Ciclos, aumentaron considerablemente as súas posibilidades laborais, e cada ano medra a súa demanda por parte do alumnado de moitos Centros.

IMPORTANTE: cumpre ter o seguro escolar para realizar os cursos.

Ábrese o prazo de matrícula para o curso:

Carretillas elevadoras, Traspaletas e Apiladoras eléctricas (8 horas).

Celebrarase no CIFP Ferrolterra da localidade de Ferrol os días 17, 19, 20 e 21  de Decembro.

O día 17 de 16:00 a 20:00 impartiranse os contidos teóricos.

Os días 19, 20 e 21 contidos prácticos en grupos reducidos en turnos de catro horas a determinar.

Para obter máis información copia e pega o seguinte enlace no teu navegador.

https://drive.google.com/open?id=1krsb7b48kZFgo_PG6SmWL3zyHMEeUFrw

Para realizar a inscrición cubre o seguinte cuestionario:

https://docs.google.com/forms/d/13sYWvbN3-DtkWTtUO-V41JoNjwku-nOZzX9UeitWEic/edit

Data límite de inscrición: 10/12/2018.

Custe do curso entre 25 e 35 € segundo o número de matriculados.

O alumnado interesado poderá falar con Mª Pilar do departamento de Electricidade



book | by Dr. Radut