Taboleiro

Horario dos grupos

CURSO 2016/17

Para ver o horario de cada grupo preme no nome do grupo.

 

 

PARABÉNS A RAMÓN! XII XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA: "MUROS MIRA AO MAR"

Temos que lle dar os parabéns a Ramón, alumno de 4º ESO do noso Instituto, a quen lle foi entregado o pasado martes un diploma premiándoo por ser o finalista na categoría de ESO no concurso de carteis correspondente ás XII Xornadas de Cultura mariñeira: "Muros mira ao mar", que se celebrarán os vindeiros días 8, 9 e 10 de xullo.

Asimesmo, o noso centro foi galardoado con outro diploma pola súa participación no citado concurso.

A continuación podedes ver fotografías deste acto:

VISITA DO NOVO ALUMNADO DO IES AS INSUAS PARA O VINDEIRO CURSO 2016/2017

Un ano máis, o noso instituto organiza unha visita para o alumnado de 6º de Primaria dos seus colexios adscritos, o CEIP plurilungüe Ricardo Tobío de Esteiro e o CEIP plurilungüe de Louro.<

Convocatoria de prazas en Centros Residenciais Docentes para o curso 2016/2017

Convócanse prazas de residencia nos Centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no vindeiro curso académico 2016/2017.

SOLICITUDES DE FONDO LIBROS, AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL PARA O CURSO 2016/17

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2016/2017 de:

Probas de acceso a ciclos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitantes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2016

O luns 16 de maio foi publicadas as instrucións e a asociación centro e sede para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2016.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

 

 

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva
 
 
Lun, 27/02/2017 - 09:14

Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

SEMANA CULTURAL NO IES AS INSUAS (do 4 ao 8 de ABRIL)

A continuación podedes acceder ao programa de actividades que se celebra na Semana Cultural do IES As Insuas:

 

 

Distribuir contido