ESTRANXEIRAS QUE FALAN GALEGO

No programa BEN FALADO da TVG dirixido polo profesor Xesús Ferro Ruiba foron aparecendo xentes do mundo que non só falan ben galego, senón que o aman como se fosen galegos. Vede a

 

PAULINA CEREMUZYNSKA, música medievalista de Polonia, canta lírica galego-portuguesa e fala con amor e fluidez.

DARÍA SHORNIKOVA, moza rusa que traduce do galego ao ruso.

ELENA ZERNOVA, tradutora de Rosalía de Castro ao ruso.

 SUSANA MONTESINOS, encantada de falar coma nós.

SARA ARDOVINI, romana que veu estudar o galego.

EKATERINA GUERBEK, tradutora e intérprete. Traduciu ao galego Crime e castigo de F. Dostoieski.

JONATHAN DUNNE, tradutor ao inglés da literatura galega.

NILSA AREÁN GARCÍA, do Brasil. Fala da experienccia da dos seus pais no Brasil.

ZUZANA PESSELOVÁ, eslovaca que en pouco tempo faou e amou o galego. Escoitádea.